martes, 7 de xuño de 2016

VIDEOS INTERESANTES

Agora que chegan as plagas na horta 
mirade que sinxelo é elaborar un purín de ortigas 
manterá a raia algúns insectos
e servirá como fertilizante na horta !!


venres, 20 de maio de 2016

DIA DA INTERXENERACIONALIDADE

O pasado venres 29 de abril con motivo d celebración do


 DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXENERACIONAL


 preparamos unha xornada moi especial aproveitando a visita dos maiores da Casa Grande (Maside).

Comezamos a xornada coa visualización dun mural elaborado entre ambas xeneracións que nos permitiu reflexionar sobre que pensaba os nenos/as sobre os maiores, e que foi para os maiores ser nenos/as na época en que viviron.




Picade neste enlace para ver mais fotos: FOTOS DO DÍA DA INTERXENERACIONALIDADE

Ambas xeracións traballaron durante toda a maña no coidado da horta escolar ecolóxica e o xardín de herbas aromáticas. Os maiores explicaron aos nenos e nenas  como levar a cabo as tarefas de plantación e coidado da horta.















Os pequenos aprenderon a valorar a sabedoría dos maiores e agradecer a súa axuda.


Así mesmo os maiores atoparán na horta un lugar de entretetenemento durante o verán.


 Se pinchades aquí podedes ver o reportaxe que nos fixeros os entrevistadores de Telemiño:




Saimos no Xornal La Región...aquí tendes o enlace:

Un ejemplo de ayuda mutua

VISITA DO IES VILAMARÍN

O pasado xoves 28 de abril visitáronnos

os alumnos e profesores

do Ciclo medio de Agrícolas do IES de Vilamarín


O alumnado de Secundaria colaborarou con eles preparando o terreno onde poder cultivar as nosas hortalizas


  1. Limpamos de malas herbas e pedras o terreno.

  2. Retiramos as mangueiras do riego con coidado.
  3. Labramos a terra da  horta con sachos ou laias quitando as raíces que ian aparecendo.  
  4. Unha vez que a terra estaba labrada e preparada extendemos unha capa de 5-8cm de abono natural/compost uniformemente pola superficie.


  5. Logo enterramos o abono para ter unha terra fértil e aireada.



  6. Finalmente volvemos colocar a línea de riego por goteo.
  7. Colocamos as vallas para dividir as distintas parcelas:
Hortalizas de raíz (patacas. cenorias...)
Hortalizas de folla (leitugas, lombarda...)
Hortalizas de flor (xudías, chícharos...)
Hortalizas de froito (melón, sandía, tomates, pementos,..)
Zona de cultivos estables: Amorodos, framboesas e grosellas.


Esta división faise para levar a cabo unha ROTACIÓN DE CULTIVOS anual. É unha maneira moi sinxela de abonar o terreno xa que cada hortaliza aporta diferentes nutrintes.

Rotación de cultivos en el Huerto

O alumnado de Infantil e Primaria limpou as malas herbas nos arredores da horta.






Tamen nos axudaron na montaxe dun novo plástico para o invernadoiro, que rompera o vento no inverno.

MOITAS GRAZAS!!

xoves, 12 de maio de 2016

PREPARAMOS OS SEMILLEIROS!!

Un semilleiro é a mellor maneira de protexer do frío as sementes, a xerminación e os primeiros momentos de desarollo das plantas. 


Cada aula que participa no proxecto da horta recibiu as sementes ou as plantas elexidas para preparar os seus semilleiros.


Pasos para preparar un semilleiro:
  1. Buscar un soporte onde meter as sementes: un vasiño de iogur, un semilleiro...
  2. Rellenar cun bo sustrato onde meter as sementes para que non careza de ningun nutrinte.
  3. Sementar 1 ou 2 sementes en cada un, e tapar ben co sustrato.
  4. Regar para asentar ben as sementes no sustrato.
  5. Poñer un cartel co que conten cada semilleiro.
  6. Colocar nunha zona onde teñamos bastante luz e boa temperatura (entre 15º- 20º)  que axudará na pronta xerminación. Non deben darlle directamente os raios de sol.
  7. Seguemento e espera. Debemos manter sempre húmido o semilleiro.
  8. Esperar a que as plantas collan un tamaño considerable para transplantar á horta.


Mirade que ben medran ó calor do invernadoiro





venres, 8 de xaneiro de 2016

NOVO VISITANTE NA HORTA!!

Menudo visitante temos no cole estes días....é o coello MANCHIÑAS!!!

Encántanos coidar del, acaricialo, pasealo...

el axudanos a coidar que non medren as malas herbas da nosa horta...


e daranos abono para que medren moito as nosas plantas!!!



Ademais coidar del implicará educar moitos valores:
  • Educar no respeto polo medio ambiente.
  • Desenvolver nos nen@s que os coidan un comportamento responsable e un sentido da empatía que axudará a que sexan conscientes de que estos seres, ó igual que eles, tamén teñen sentimentos e expresan dolor cando se lles fai dano e felicidade cando se lles quere.
  • Facilitar a socialización xa que nos permite coñecer novos amig@s, alivian o estrés e a ansiedade.
  • Crear unha fonte de cariño esgotable, e ó mesmo tempo, ensinan a expresar emocións tales como amor, entre outras. É unha ferramenta terapeutica moi boa.